Teoría de xogos (II): A poxa do dólar (I)

[Esta é unha tradución autorizada de Ciención de Breogán, adaptada do artigo orixinal de 30 de agosto de 2010 Teoría de juegos II – La subasta del dólar (I), de Javier “J” Sedano, que pode lerse en El Cedazo. Toda a serie Teoría de juegos está publicada en forma de libro, dispoñible aquí.]

[O artigo previo da serie é Teoría de xogos (I): Introdución.]

Este primeiro artigo da serie sobre teoría de xogos será moi curtiño. Imos dedicar uns parágrafos a explicar as regras dunha poxa un pouco particular e logo deixaremos que sexades vós os que poxedes.

Neste xogo poxaremos… un dólar.

1200px-united_states_one_dollar_bill2c_obverse
Un dólar. [Fonte: Wikipedia, dominio público]
Como non estamos a xogar de xeito presencial, non poderei pagarvos o dólar e vós tampouco poderedes pagarme a min a poxa. Pero tentade imaxinar que a poxa é de verdade, que de verdade ganariades o dólar e que de verdade teriades de pagar a poxa. Se volo estades preguntando, cando este xogo se fai presencialmente, a miúdo se paga realmente o dólar e se paga realmente a poxa, e por iso emprégase unha cantidade tan pequena.

Por suposto, non podo impedir que vaiades correndo a Google a buscardes o xogo e como hai que xogar, pero prégovos que non o fagades.

Na versión orixinal deste artigo o xogo fíxose a través dos comentarios do blog, e desde Ciención de Breogán convidámosvos tamén a que o fagades aquí. O feito de estarmos a xogar a través dos comentarios pode desvirtuar o xogo, así que, se sae un resultado feo, contaremos tanto o que nos saíu como o que sae habitualmente. Agás que sexa imprescindible, tentade non empregar os comentarios a este artigo para comentardes o artigo mesmo, senón soamente para poxardes. Na segunda parte deste artigo poderemos comentar os resultados e poderedes espraiarvos… Se ninguén participa aquí, traduciremos a análise do artigo orixinal de El Cedazo.

Daquela, como diciamos, imos poxar por un dólar. A subida mínima da poxa será de 5 centavos. Se dous ou máis participantes fan a mesma poxa (o que pode ser bastante común por mor do sistema de comentarios), obviamente só ganará a poxa o primeiro, e os demais deberán subila se queren ganala.

A particularidade desta poxa é que non só paga quen fai a poxa máis alta, senón tamén os que fan a segunda e a terceira poxas máis altas. Por exemplo, se Fulano ofrece 0,45 $, Mengano 0,40 $, Citrano 0,35 $ e hai máis xente debaixo, os tres, Fulano, Mengano e Citrano, pagan, pero soamente Fulano queda co dólar.

É posible que non queiras participar e que penses: «ninguén dá pesos por catro pesetas, así que seguro que hai truco, paso de poxar». Se ben é unha actitude que gabaría na vida real, non estragues o xogo, por favor, e participa (en definitiva, son cartos de mentira). Arrisca e… a poxar!

[O seguinte artigo da serie é Teoría de xogos (III): A poxa do dólar (II).]


Este artigo e mais a súa tradución están publicados baixo licenza CC BY-NC-ND 2.5 ES.

Advertisements

5 thoughts on “Teoría de xogos (II): A poxa do dólar (I)

  1. Teresa Prieto Rubio 7 de Xullo de 2017 / 11:25 pm

    0,15

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s