Que é isto?

O gato de Schrödinger, a relatividade de Einstein, o quecemento global, a dobre hélice do adn… Se coñeces estes conceptos a pesar de non seres científico, probablemente é grazas á divulgación científica. A ciencia sempre se caracterizou polo emprego dunha linguaxe moi especializada, exótica e, ás veces, escura. Este non é un feito caprichoso: esta linguaxe técnica responde á necesidade de precisión, rigor e exactitude que existe no eido científico. Porén, é innegable que esta «anomalía léxica» contribúe a afastar a ciencia do gran público. É aquí onde entra en escena o divulgador: encárgase de «traducir» as teorías e achados científicos a unha linguaxe menos especializada e comprensible para o resto dos mortais.

Secasí, salvada a barreira léxica, aínda resta unha segunda: a barreira lingüística. Talvez non sexas consciente dela se a túa lingua materna é o alemán, o castelán ou, especialmente, o inglés, pero aquelas linguas que contan cun menor número de falantes (caso do suahili, o éuscaro ou o noso galego) contan cunha oferta de literatura científica moito menos abondosa: os científicos galegos adoitan comunicar as súas descubertas en castelán ou inglés para atanguer o meirande público posible, os libros moi especializados non resultan economicamente rendibles de traducir a linguas tan pouco extendidas… Todos estes factores profundan aínda máis o abismo que existe entre as «grandes linguas» e o resto delas.

Esta é a meta de Ciención de Breogán. Non nacemos para producir novos artigos divulgativos en galego (tampouco o descartamos, pero xa hai portais, como GCiencia, que o fan con mellores resultados dos que poderiamos acadar nós), senón para traducir aqueles artigos que xa foron publicados noutras linguas e que, na nosa opinión, tamén merecen ser ofrecidos ao público galegofalante.

Benvida (ou benvido) a Ciención de Breogán e, por favor, non te cortes! Viaxa polo blog, comenta, maniféstate e, se tes algunha suxestión máis privada, non dubides en enviarnos unha mensaxe a cienciondebreogan@gmail.com. Vémonos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s