A primeira é de balde, ou o empinado plan de prezos da natureza

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 11 de xaneiro de 2016 La primera es gratis o el empinado plan de precios de la naturaleza, de Sergio García-Cuevas González, que pode lerse nesta ligazón.]

Supercomputador

É admirable o moito que pode comprenderse sobre a natureza cun pequeno investimento de tempo e recursos intelectuais. Abraiados ante a nosa propia afouteza e capacidade de predicir o comportamento do mundo, empregamos os nosos coñecementos para deseñar e construír máquinas de crecente sofisticación. Ao principio, a natureza é xenerosa connosco e déixase modelar (e, así, moldear) cunha gran facilidade. Porén, cando queremos dar un paso máis alá, cando queremos crear unha máquina lixeiramente máis capaz e eficaz ou indagar en misterios máis profundos, a natureza rebélase contra nós e esíxenos un custo (de sofisticación matemática, de capacidade de computación, de habilidade construtiva) que se fai rapidamente abafador. É coma se a natureza nos ofrecese probar o que se sente ao ser un deus e, despois de engancharnos coma a unha droga, nos espremese cruelmente. Seguir lendo

Advertisements