Teoría de xogos (XI): O problema das pensións

[Esta é unha tradución autorizada de Ciención de Breogán, adaptada do artigo orixinal de 8 de novembro de 2010 Teoría de juegos XI – El problema de las pensiones, de Javier “J” Sedano, que pode lerse en El Cedazo. Toda a serie Teoría de juegos está publicada en forma de libro, dispoñible aquí.]

[O artigo previo da serie é Teoría de xogos (X): Xogo de confianza.]

pexels-photo-302083

Polo de pronto, empregamos todos os artigos para, primeiro, cubrirmos un xogo máis ou menos artificial, e logo dedicarlle unha parte do artigo a contarmos algunha situación real que puidésemos facer análoga ao xogo.

Hoxe ímoslle dedicar un artigo completo a unha situación real e logo farémoslle unha pequena análise: o problema das pensións. Primeiro contaremos como é, despois exporémolo coa linguaxe da teoría de xogos e resolverémolo, e logo tentaremos aplicarlle as súas conclusións ao problema real inicial.

Por certo, non esperedes que atopemos aquí a solución (se fose tan doado, alguén a atoparía xa hai tempo).

As pensións en España

Antes de comezarmos a tratar o tema, debemos contar como funciona o sistema de pensións en España. Non todos os países teñen un sistema coma o noso, así que a súa análise pode non ser igual.

Seguir lendo

Advertisements

Os premios Ig Nobel 2016

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 23 de setembro de 2016 Los premios Ig Nobel 2016, de Francisco R. Villatoro, que pode lerse nesta ligazón.]

dibujo20160923-ig-nobel-ceremony-japanese-awardees-looking-behind-their-legs

O 22 de setembro concedéronse os XXVI premios Ig Nobel no Teatro Sanders da Universidade Harvard (Harvard University), nunha cerimonia que está compartida en YouTube. Lembra que, aínda que na cerimonia de entrega domina o bo humor, os premios outórganselles a investigacións serias publicadas en revistas científicas. Quen busca un premio Ig Nobel á mantenta adoita acabar sen recibilo.

Podes atopar máis información en «Announcing the 2016 Ig Nobel Prize winners!», Improbable Research, 23 de setembro de 2016; listaxe de ganadores en «The 2016 Ig Nobel Prize Winners», Improbable Research, 22 de setembro de 2016.

Premio de Reprodución: Exipto

dibujo20160923-contraceptive-efficacy-of-polyester-induced-in-normal-men-journal-contraception-elsevier1

Ahmed Shafik recibe postumamente o premio por estudar os efectos do poliéster no rendemento sexual, tanto de ratas como de humanos. Realizou estudos1 con 75 ratas, dividíndoas en cinco grupos, un de control e outros de proba. Vestiu estas últimas con pantalonciños feitos cun 100 % de poliéster, cun 50 % de poliéster e un 50 % de algodón, cun 100 % de algodón e cun 100 % de la. Estudou o seu comportamento sexual antes de vestir a peza, despois de vestila durante 6 e 12 meses e tras 6 meses de llela eliminar. As pezas de poliéster afectaron o comportamento sexual, e Shafik asociouno á acumulación de carga electrostática que afectaba o escroto e o pene das ratas.

Seguir lendo