A descuberta das eras glaciais e o efecto invernadoiro

Cando estamos a falar do quecemento global antropoxénico e da investigación científica neste eido, tendemos a pensar que a ciencia do cambio climático é algo moi recente, seica dos últimos cincuenta anos ou así. Nada máis afastado da realidade! A ciencia do cambio climático remóntase á primeira metade do século xix e abrangue apelidos con tanta sona coma os de Fourier (o da transformada de Fourier e as series de Fourier), Arrhenius (o da ecuación de Arrhenius e os ácidos de Arrhenius) ou Tyndall (o do efecto Tyndall e o estudo do diamagnetismo).

Atmosfera

Pero a investigación comezou nun sentido completamente oposto ao do quecemento global: os primeiros científicos tiñan a atención posta no efecto da atmosfera nas glaciacións. Serían os eventos climatolóxicos posteriores os que desviarían a atención dos investigadores… Pedro J. Hernández explícanolo dun xeito cativadoramente entretenido nesta serie de tan só tres artigos:

  1. A descuberta das glaciacións, as aportacións dos químicos e de Chamberlin e mais o erro de Arrhenius.
  2. As hipóteses de Fourier, o debate Lowell–Poynting e mais a explicación de Ekholm: por que un invernadoiro non explica ben o cambio climático.
  3. O experimento de Ångström, a saturación atmosférica no infravermello e mais os avances de Plass, Callendar e Keeling.
Advertisements