Aprendendo a ver

Os pormenores dunha disciplina tecnolóxica como a intelixencia artificial non adoitan estar ao alcance de calquera ou, ao menos, non semellan estalo. A miúdo parece que a comprensión de avances como a aprendizaxe automática (machine learning) está restrinxida a científicos e expertos. Emporiso, desde Welch Labs conseguen eliminar radicalmente esta sensación: partindo dun problema que semella moi sinxelo (programar un ordenador para que «vexa» a nosa man e saiba contar os dedos que estamos a erguer), a serie de vídeos Learning to see lévanos de viaxe pola historia da intelixencia artificial e os fundamentos das árbores de decisión dun xeito moi directo e perfectamente accesible a través de vídeos curtos de entre 5 e 10 minutos.

En Ciención de Breogán andamos a subtitular todos os vídeos desta serie en galego. Por de pronto, aceptáronse as nosas traducións para os seguintes números:

  1. Introdución.
  2. Regras e máis regras.
  3. Now I R1.