En 2014 celebrouse o Ano Internacional da Cristalografía. Con este motivo, César Tomé publicou en Experientia docet unha serie de artigos que percorren a historia desta ciencia desde antes de que fose tal. Da Prehistoria ao século xx, Breve historia da cristalografía fálanos de Linné e de De l’Isle, de Haüy e de Hooke, de Wöhler e de Bragg. Unha serie imprescindible se queres coñecer un pouco mellor esta rama da xeoloxía, ou se a curiosidade te impele a saber que é o que cativa os que aman esta disciplina.
Esta serie foi publicada en forma de libro electrónico en castelán polo seu autor orixinal; pódese descargar nesta ligazón. Os artigos (traducidos ao galego por Ciención de Breogán) son os seguintes:
- Protociencia, do Homo erectus a Linné.
- As rochas con lingua e a urina de Hooke.
- Goniómetros e óxidos doces.
- Átomos e balas de canón.
- Cristais de neve, Frankenheim ou o novo Euclides.
- O crego rompecristais.
- Moléculas, superfluidades e contaminacións.
- Morfismos químicos.
- Isomería e compostos orgánicos.
- Maxia viquinga.
- Asimetrías e xogos de luz.
- In vino veritas.
- Fiat Pasteur.
- Xeración X.
- O século de Bragg.