Galileo vs. Igrexa Católica redux

A serie Galileo vs. Igrexa Católica redux trata un tema que sempre está á orde do día e sempre comporta unha certa polémica: as relacións entre Galileo Galilei e a Igrexa católica ou, se somos máis exactos, entre uns descubrimentos revolucionarios (do que quizais sexa o científico máis relevante da historia) e un statu quo ben asentado e con séculos de rodaxe relativamente satisfactoria (representado, neste caso, pola Igrexa renacentista e a súa escasa flexibilidade doutrinal). César Tomé tenta, nestes artigos, falar deste asunto desde unha óptica obxectiva e ben documentada, demostrando que en calquera relato hai sempre varios puntos de vista, fuxindo de caricaturas que gustan dos brancos puros e os negros absolutos.

Esta serie consta dos seguintes artigos:

  1. Antecedentes.
  2. Perspectivas.
  3. Observacións.
  4. Venus.
  5. Reconvención.
  6. Visións.
  7. Balanzas.
Advertisements