Teoría de xogos

A teoría de xogos é unha rama das matemáticas case descoñecida para o público non especializado. John von Neumann definiu un xogo, dentro do eido da ciencia matemática, do seguinte xeito:

Un xogo é unha situación conflitiva na cal un debe tomar unha decisión sabendo que os demais tamén toman decisións e que o resultado do conflito se determina, dalgún xeito, a partir de todas as decisións realizadas.

Nesta serie o autor, Javier Sedano, “J”, introduce pouco e pouco o lector na teoría de xogos, sen lle presupor coñecementos previos e involucrándoo en forma de experimento en moitos dos xogos, repasando á vez algúns temas afíns e presentando tanto casos reais que poden estudarse desde a perspectiva da teoría de xogos como exemplos da literatura, o cinema…

Tanto os artigos orixinais (editados en El Cedazo) como a tradución que realizamos en Ciención de Breogán están publicados baixo a licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Sen obra derivada 2.5 España. Ademais, publicouse unha adaptación en forma de libro, que pode mercarse nesta ligazón.

Por de pronto, están traducidos os artigos seguintes:

  1. Introdución.
  2. A poxa do dólar (I).
  3. A poxa do dólar (II).
  4. Pedra, papel ou tesoiras.
  5. Contar (I).
  6. Contar (II).
Advertisements