Teoría de xogos (XVI): Dilema do prisioneiro iterativo (II)

[Esta é unha tradución autorizada de Ciención de Breogán, adaptada do artigo orixinal de 20 de decembro de 2010 Teoría de juegos XVI – Dilema del prisionero iterado (y II), de Javier “J” Sedano, que pode lerse en El Cedazo. Toda a serie Teoría de juegos está publicada en forma de libro, dispoñible aquí.]

[O artigo previo da serie é Teoría de xogos (XV): Dilema do prisioneiro iterativo (I).]

Prisioneiro

Na primeira parte do artigo viamos o concepto de equilibrio de Nash, e semella que chegabamos á conclusión de que os únicos puntos estables da matriz de recompensas eran os ditos equilibrios de Nash.

Hoxe, tal e como adiantabamos, imos empregar a fonda relación que hai entre a evolución e os xogos para procurarmos unha mellor solución ao dilema do prisioneiro iterativo.

Lembremos a matriz de pagamentos que empregabamos:

Albert
Delata Cala
Anny Delata −6, −6 0, −10
Cala −10, 0 −1, −1

Algoritmo xenético

E, para demostrar esa relación, que hai mellor ca un algoritmo xenético? Como, probablemente, moitos lectores non coñecerán o concepto de «algoritmo xenético», ímolo introducir brevemente á vez que o empregamos no noso problema particular.

Seguir lendo

Advertisements