O mapa das matemáticas, con subtítulos en galego!

Como xa fixeramos co mapa da física, do que publicamos unha tradución da imaxe e do vídeo de Dominic Walliman hai varios meses, en outubro publicabamos a tradución do seu mapa das matemáticas en formato imaxe e hoxe toca o vídeo, que xa está subtitulado en galego! Lembra que, para o veres, só tes de premer en «Configuración» e elixir a túa lingua. Vémonos!

Advertisements

O mapa das matemáticas

O mapa das matemáticas
O mapa das matemáticas. [Tradución dunha imaxe de Dominic Walliman. Dispoñible a tamaño completo no Facebook]

Soñan os babilonios con multiplicacións eléctricas?

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 7 de setembro de 2016 ¿Sueñan los babilonios con multiplicaciones eléctricas?, de Raúl Ibáñez Torres, que pode lerse nesta ligazón.]

Un dos temas presentes na materia de Matemáticas no ensino secundario é o das identidades (ou igualdades) notables, é dicir, as expresións alxébricas do cadrado da suma e da resta, como tamén o produto da suma pola resta, que se empregan para o estudo das ecuacións alxébricas e na resolución de problemas matemáticos.

imagen-1-260x108
Identidades notables.

Estas expresións alxébricas adoitan causar bastante rexeitamento nos estudantes, que as estudan de cor a pesar de que a súa demostración é sinxela, e que ademais non entenden o motivo de estudar algo que non ten ningunha utilidade aparente, alén do temario da clase.

imagen-2-640x329
Diagrama xeométrico asociado á expresión alxébrica do cadrado da suma.

Seguir lendo