Teoría de xogos (XX): Os tenistas (II)

[Esta é unha tradución autorizada de Ciención de Breogán, adaptada do artigo orixinal de 7 de febreiro de 2011 Teoría de juegos XX – Los tenistas (y II), de Javier “J” Sedano, que pode lerse en El Cedazo. Toda a serie Teoría de juegos está publicada en forma de libro, dispoñible aquí.]

[O artigo previo da serie é Teoría de xogos (XIX): Os tenistas (I).]

Cuncos
Vamos buscar o fondo…

No artigo anterior puxemos a Ana e a Alberte a xogar ao tenis e acabamos descubrindo que non tiñan unha estratexia pura que fose dominante, así que propuxemos unha estratexia mixta. Deste xeito, no canto de decidir sistematicamente unha das opcións, facíano cunha probabilidade p.

Contamos que John Nash demostrara que todos os xogos teñen, ao menos, un equilibrio de Nash en estratexias mixtas, pero que empregou unha demostración non construtiva, de maneira que non proporcionaba un método para achar ese equilibrio. Neste artigo veremos unha aproximación para atopar unha estratexia empregando o método do gradiente e veremos como interpretar ese método desde o punto de vista da teoría de xogos.

Método do gradiente

Se ben probablemente algúns dos nosos lectores coñecerán o método do gradiente, imos dedicarlle unhas alíneas polo ben daqueles que non o coñezan.

Seguir lendo

Advertisements

Aprendendo a ver (VI): Chegou o momento de xogar con Legos

[O artigo previo da serie é Aprendendo a ver (V): Aprender é xeneralizar.]

No episodio anterior da serie Aprendendo a ver (orixinalmente Learning to See, de Welch Labs) vimos que é importante que un algoritmo de aprendizaxe automática sexa quen a xeneralizar. Ademais, decidimos dividir as nosas imaxes de dedos en dúas categorías: exemplos de adestramento ou aprendizaxe e exemplos de comprobación, que non lle ensinabamos ao algoritmo ata que xa rematara a fase de aprendizaxe. Deste xeito vimos que a memorización non era unha estratexia mellor ca a enxeñaría do coñecemento. Logo que facemos? Como podemos conseguir que o noso algoritmo xeneralice a partir duns poucos exemplos iniciais? Neste episodio veremos que… non é tan doado.

Coma sempre, para veres os subtítulos en galego, tes de escollelos ti. Preme en «Configuración» e selecciona a túa lingua!

Aprendendo a ver (V): Aprender é xeneralizar

[O artigo previo da serie é Aprendendo a ver (IV): Aprendizaxe automática.]

No episodio anterior da serie Aprendendo a ver (orixinalmente Learning to See, de Welch Labs) analizabamos un novo enfoque para o desenvolvemento da nosa intelixencia artificial «identificadora de dedos». No canto de programar unha morea de regras que, ademais, tende a medrar de xeito exponencial, poida que a alternativa da aprendizaxe automática sexa máis flexible. Inicialmente obtivemos uns resultados estupendos, pero… podémonos fiar deles? Son realistas as marabillosas porcentaxes que achamos no vídeo anterior? Neste episodio veremos que non… e veremos por que.

Coma sempre, para veres os subtítulos en galego, tes de escollelos ti. Preme en «Configuración» e selecciona a túa lingua!

O mapa das matemáticas, con subtítulos en galego!

Como xa fixeramos co mapa da física, do que publicamos unha tradución da imaxe e do vídeo de Dominic Walliman hai varios meses, en outubro publicabamos a tradución do seu mapa das matemáticas en formato imaxe e hoxe toca o vídeo, que xa está subtitulado en galego! Lembra que, para o veres, só tes de premer en «Configuración» e elixir a túa lingua. Vémonos!

Aprendendo a ver (IV): Aprendizaxe automática

[O artigo previo da serie é Aprendendo a ver (III): Now I R1.]

No vídeo anterior da serie Aprendendo a ver vimos un dos exemplos máis notables da historia da enxeñaría do coñecemento e dos sistemas expertos: o sistema R1 da compañía informática DEC. O problema deste tipo de enfoque é que o número de regras necesarias tende a crecer dun xeito moi acelerado e, cantas máis regras hai nun sistema, máis complicado é adaptalo a unha nova necesidade. Chega un momento no cal o sistema é xa tan monstruosamente extenso que non pode seguir evolucionando: por este motivo, entre outros, a enxeñaría do coñecemento decaeu desde primeiros da década de 1990, substituída por outro enfoque máis flexible: a aprendizaxe automática. A xente de Welch Labs, dentro da súa serie Learning to see, cóntanos en que consiste!

Coma sempre, para veres os subtítulos en galego, tes de escollelos ti. Preme en «Configuración» e selecciona a túa lingua!

O mapa das matemáticas

O mapa das matemáticas
O mapa das matemáticas. [Tradución dunha imaxe de Dominic Walliman. Dispoñible a tamaño completo no Facebook]