Teoría de xogos (XXVI): Como somos demócratas?

[Esta é unha tradución autorizada de Ciención de Breogán, adaptada do artigo orixinal de 13 de xuño de 2011 Teoría de juegos XXVI – ¿Cómo somos demócratas?, de Javier “J” Sedano, que pode lerse en El Cedazo. Toda a serie Teoría de juegos está publicada en forma de libro, dispoñible aquí.]

[O artigo previo da serie é Teoría de xogos (XXV): Os piratas democráticos.]

Parlamento

Hoxe imos continuar con esta serie de artigos profundando na idea das coalicións e de como afectan a toma de decisións engadindo un concepto novo: o índice de poder. Deste xeito veremos como se emprega a teoría de xogos para o deseño da política. Para isto, analizaremos con ollo crítico unha democracia con diversos matices e acabaremos reafirmando que si, que todos somos demócratas, pero que non estamos de acordo en como sermos demócratas.1

Non, non imos solucionar a política se iso é o que andas a preguntarte; só imos propor un par de cuestións.

Para que a análise saia como quero que saia, precisamos elixir moi coidadosamente os números dos exemplos, e iso é moi complicado. Así que, no canto de tentar facelo eu mesmo, arriscándome a enganarme, vou empregar os mesmos números que John Allen Paulos emprega no seu libro A Mathematician Reads the Newspaper («Un matemático le o xornal»). Non o liches? Pois xa tardas! Ese e todos os libros de Paulos. Innumeracy, traducido ao castelán como El hombre anumérico e ao portugués como Inumerismo, tamén é excepcional; recomendóunolo o profesor da asignatura onde aprendín os meus principios da teoría de xogos. O resto non os lin en detalle, pero por exemplo en A Mathematician Plays the Stock Market (en portugués A lógica do mercado de ações, en castelán Un matemático invierte en la bolsa) explica un xogo que é basicamente o de «dous terzos da media» que vimos nós e relaciónao coa bolsa. Ten outro sobre a relixión no que revisa, entre outras cousas, as Cinco Vías de santo Tomé.

O caso é que estamos nun país onde se produciron unhas eleccións xerais e, como é un país pequeniño, temos 55 congresistas sentados nos seus escanos. Agora, entre eles teñen de escoller o presidente do goberno. Loxicamente, cada un ten unhas preferencias distintas: dependendo da súa ideoloxía política de esquerda ou de dereita, do seu centralismo ou federalismo, da súa relación coa Igrexa ou do que sexa. A cuestión é que temos cinco candidatos (Aguiar, Barreiro, Cendán, Dopazo e mais Eiroa) e seis grupos de congresistas, agrupados segundo as preferencias relativas de cada un ante os cinco candidatos.

Congresistas
18 12 10 9 4 2
Preferencia 1.º A C B D E E
2.º D E C B C B
3.º E D E E D D
4.º B B D C B C
5.º C A A A A A

Seguir lendo

Teoría de xogos (XXV): Os piratas democráticos

[Esta é unha tradución autorizada de Ciención de Breogán, adaptada do artigo orixinal de 16 de maio de 2011 Teoría de juegos XXV – Los piratas democráticos, de Javier “J” Sedano, que pode lerse en El Cedazo. Toda a serie Teoría de juegos está publicada en forma de libro, dispoñible aquí.]

[O artigo previo da serie é Teoría de xogos (XXIV): A guerra de sexos (II).]

Este artigo tamén vai ser relativamente curtiño, se ben serán dous os conceptos que introduciremos: o de coalición e mais o de transferencia de utilidade. Para isto veremos como tres piratas reparten un botín que atoparon, e despois relacionarémolo cunha morea de artigos que xa fomos vendo anteriormente (poida que queiras revisalos cando os mencionemos).

Dobrón
Dobrón de ouro de 8 escudos.

O botín consiste en mil dobróns de ouro, que deben repartir democraticamente. Porque os nosos piratas Barbanegra, L’Olonnais e Roberts, por moi saqueadores, contrabandistas e asasinos que sexan, tamén son demócratas. Así que cada un deles pode propor a forma de repartición que desexe e, se a maioría deles está de acordo, acéptase esa repartición.

Unha pausa para pensar.

Seguir lendo