Relatividade sen fórmulas (V): Contracción da lonxitude

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 24 de maio de 2007 Relatividad sin fórmulas – Contracción de la longitud, de Pedro Gómez-Esteban González, que pode lerse nesta ligazón.]

Despois de falarmos sobre a situación da física cando xorde a Teoría da Relatividade Especial, os postulados de Einstein, a dilatación do tempo e mais a relatividade da simultaneidade, na entrega de hoxe da serie Relatividade sen fórmulas imos estudar outra consecuencia lóxica e inevitable dos postulados: a contracción da lonxitude.

Se non liches as entradas anteriores, deixa este artigo e comeza desde o principio ou, probablemente, non saberás cousas que damos por sabidas. De verdade, é moito mellor que vaias por orde.

Espero que, coma sempre, vexas que esta conclusión aparentemente «rara» é moi lóxica se estás de acordo coas conclusións que extraemos nos artigos anteriores (e, por suposto, considerando que os postulados son verdadeiros, pois obtivémolo todo a partir deles).

Volvamos aos nosos observadores ficticios no espazo, Ana e Alberte. No experimento mental de hoxe a situación é a seguinte: no espazo hai unha lámpada, unha pantalla, Ana e mais Alberte. Alberte móvese cara aos demais obxectos, que están todos en repouso os uns con relación aos outros. Deste xeito, Ana ve a lámpada e a pantalla en repouso mentres Alberte ve a lámpada e a pantalla (e a Ana) movéndose cara a el.

Seguir lendo

Advertisements