Breve historia da cristalografía (XV): O século de Bragg

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 20 de febreiro de 2014 Breve historia de la cristalografía: (y XV) el siglo de Bragg, de César Tomé López, que pode lerse nesta ligazón.]

[O artigo previo da serie é Breve historia da cristalografía (XIV): Xeración X.]

william-lawrence-bragg

Na conferencia que impartiu Thomson perante a Sociedade Filosófica de Cambridge (Cambridge Philosophical Society) o 11 de novembro de 1912, na que presentaba as propostas de W. Lawrence Bragg, estivo presente o físico Charles T. R. Wilson (que se faría famoso polas súas cámaras de néboa para localizar raios cósmicos e outras partículas, polas que lle concederon o premio Nobel en 1927). Na quenda de preguntas Wilson suxeriu que os raios X tamén deberían reflectirse nas caras externas dos cristais, sempre que as ditas caras fosen lisas dabondo.

A idea tiña sentido, polo que Lawrence realizou inmediatamente unha serie de experimentos nas caras de exfoliación da mica, pois supúñase que esta debía de ser moi plana mesmo na escala atómica. Lawrence puido fotografar esta reflexión e en decembro, isto é, pouco máis dun mes despois da suxestión de Wilson, aparecía en Nature o seu The Specular Reflexion of X-Rays.

Seguir lendo

Advertisements

Breve historia da cristalografía (XIV): Xeración X

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 13 de febreiro de 2014 Breve historia de la cristalografía: (XIV) generación X, de César Tomé López, que pode lerse nesta ligazón.]

[O artigo previo da serie é Breve historia da cristalografía (XIII): Fiat Pasteur.]

zns

No discurso que deu co motivo do aniversario da Sociedade de Física de Berlín (Physikalische Gesellschaft zu Berlin) a empezos de 1896, o seu presidente non se amosou moi ilusionado co futuro desta ciencia. Pouco despois, cando coñeceu a descuberta que realizara Wilhelm Röntgen (naquel momento na Universidade de Würzburg, Universität Würzburg) o 8 de novembro do ano anterior e que publicara o 28 de decembro, cando o seu discurso xa estaba listo, amosou a súa ledicia porque este descubrimento supuña que «os segundos cincuenta anos desta institución comezaran tan brillantemente coma os primeiros».

A súa reacción foi representativa: desde o momento no que os científicos comezaron a ter novas do descubrimento dos raios X, souberon que estaban perante un tónico revitalizador dunha ciencia envellecida: supuña un reto para a teoría, incitaba a realizar novos experimentos, causou sensación no público xeral e, de súpeto, dáballes aos médicos unha nova ferramenta diagnóstica incriblemente potente. De feito houbo un tempo, ata que os médicos dispuxeron dos seus propios aparellos, no que a xente que tragaba un alfinete ou recibía unha perdigonada derivábase aos laboratorios de física para localizar estes obxectos.

Seguir lendo