Breve historia da cristalografía (XV): O século de Bragg

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 20 de febreiro de 2014 Breve historia de la cristalografía: (y XV) el siglo de Bragg, de César Tomé López, que pode lerse nesta ligazón.]

[O artigo previo da serie é Breve historia da cristalografía (XIV): Xeración X.]

william-lawrence-bragg

Na conferencia que impartiu Thomson perante a Sociedade Filosófica de Cambridge (Cambridge Philosophical Society) o 11 de novembro de 1912, na que presentaba as propostas de W. Lawrence Bragg, estivo presente o físico Charles T. R. Wilson (que se faría famoso polas súas cámaras de néboa para localizar raios cósmicos e outras partículas, polas que lle concederon o premio Nobel en 1927). Na quenda de preguntas Wilson suxeriu que os raios X tamén deberían reflectirse nas caras externas dos cristais, sempre que as ditas caras fosen lisas dabondo.

A idea tiña sentido, polo que Lawrence realizou inmediatamente unha serie de experimentos nas caras de exfoliación da mica, pois supúñase que esta debía de ser moi plana mesmo na escala atómica. Lawrence puido fotografar esta reflexión e en decembro, isto é, pouco máis dun mes despois da suxestión de Wilson, aparecía en Nature o seu The Specular Reflexion of X-Rays.

Seguir lendo

Advertisements