Teoría de xogos (XVII): A caza do cervo

[Esta é unha tradución autorizada de Ciención de Breogán, adaptada do artigo orixinal de 3 de xaneiro de 2011 Teoría de juegos XVII – La caza del ciervo, de Javier “J” Sedano, que pode lerse en El Cedazo. Toda a serie Teoría de juegos está publicada en forma de libro, dispoñible aquí.]

[O artigo previo da serie é Teoría de xogos (XVI): Dilema do prisioneiro iterativo (II).]

Antes de avanzarmos máis, imos presentar un xogo novo, intimamente relacionado co dilema do prisioneiro que viamos antes e que moitos consideran a mellor forma de modelar a cooperación social. O xogo chámase a caza do cervo.

Cervo
De verdade queres cazalo? [Fonte: Pixabay, dominio público]
Serviranos para afianzar os conceptos de equilibrio de Nash e estratexia dominante, e tamén para introducirmos un concepto novo: a suma cero.

O xogo di algo así: temos dous lobos, Rómulo e mais Remo, que poden decidir ir cazar un Coello ou cooperaren para cazar un Cervo.

Se un deles decide cazar un Coello, come. Non é festín ningún, pero vaia, come. Se ambos a dous deciden ir xuntos cazar un Cervo, aquilo é unha lupanda. Non soamente comen, senón que ademais obteñen enerxías sobrantes que poden dedicar a, por exemplo, a reprodución.

Pero, se un deles decide ir polo Cervo e o outro vai polo Coello, quen decidiu ir polo Cervo queda sen nada, porque el só non é quen a cazalo (porén, o seu «amigo», que foi polo Coello, si come).

Seguir lendo

Advertisements