Breve historia da cristalografía (IX): Isomería e compostos orgánicos

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 9 de xaneiro de 2014 Breve historia de la cristalografía: (IX) isomería y compuestos orgánicos, de César Tomé López, que pode lerse nesta ligazón.]

[O artigo previo da serie é Breve historia da cristalografía (VIII): Morfismos químicos.]

640px-dbp_1982_1148_friedrich_wohler

En 1823 Leopold Gmelin, profesor na Universidade de Heidelberg (Universität Heidelberg), moveu os seus contactos para que a un sobresaínte alumno seu que acababa de licenciarse en medicina o admitisen como estudante no laboratorio de Estocolmo do químico vivo máis importante da época: Jöns Jacob Berzelius. Alí Friedrich Wöhler, que así se chamaba o médico, atopou con sorpresa que Berzelius non era partidario das instrucións sistemáticas, senón que prefería orientar os seus estudantes na investigación dos temas que estes escolleran libremente. Seguir lendo

Advertisements

Breve historia da cristalografía (III): Goniómetros e óxidos doces

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 28 de novembro de 2013 Breve historia de la cristalografía: (III) Goniómetros y óxidos dulces, de César Tomé López, que pode lerse nesta ligazón.]

[O artigo previo da serie é Breve historia da cristalografía (II): As rochas con lingua e a urina de Hooke.]

581px-rome_de_lisle_crystal_model_of_unglazed_porcelain_collection_teylers_museum_haarlem_the_netherlands

Arredor de 1780, Arnould Carangeot recibiu unha encarga do seu xefe, Jean-Baptiste Romé de l’Isle: tiña de facer, con arxila, copias da súa colección de cristais. A tarefa non era doada en absoluto, aínda máis tendo en conta o puntilloso que podía chegar a ser De l’Isle. Pero iso non era problema ningún para o metódico e minucioso Carangeot. Este decatouse de que, se quería reproducir fielmente os cristais, era crítico que respectase os ángulos entre as súas caras, e para iso necesitaba medilos con precisión abonda. O compás era útil para os cristais meirandes, pero non para os máis pequenos. Carangeot, resolto, deseñou un aparello que lle permitise medir os ángulos: nacera o goniómetro de contacto.

goniometro-de-contacto

Empregando este goniómetro, De l’Isle recadou datos abondos para poder afirmar, en 1783, que a primeira lei da cristalografía de Steno era válida para todos os cristais, non só os de cuarzo e hematita.

Tendo en conta a íntima relación entre estrutura cristalina e composición química, non debe estrañarnos que o uso do goniómetro levase, pouco tempo despois da súa construción, a descubrimentos químicos. Seguir lendo