Breve historia da cristalografía (XII): In vino veritas

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 30 de xaneiro de 2014 Breve historia de la cristalografía: (XII) in vino veritas, de César Tomé López, que pode lerse nesta ligazón.]

[O artigo previo da serie é Breve historia da cristalografía (XI): Asimetrías e xogos de luz.]

in-vino-veritas1

Consonte a mitoloxía grega, foi o mismísimo deus Dionisio quen descendeu do monte Olimpo para ensinar aos homes a fabricar viño. Segundo a arqueoloxía moderna, ese descenso, de existir, tería lugar en Asia Menor (o que hoxe é o leste de Turquía) hai uns 7000 anos. Xunto coa arte do viño, Dionisio doou outro agasallo que pasou moito tempo sen ser recoñecido como tal, o tártaro, que se atopa no fondo de, daquela, as ánforas e, hoxe, as barricas de viño.

Tanto Lucrecio como Plinio o Vello estaban familiarizados co tártaro. O que hoxe sabemos que é bitartarato de potasio (formalmente hidroxenotartarato de potasio) describíase como de sabor agre e que ardía cunha chama de cor púrpura, amais de proporcionar receitas para unha ducia de remedios que o contiñan.

Estudouse con máis detalle na Idade Media. O alquimista persa Abu Mūsa Ŷābir ibn Hayyan (coñecido en Europa como Geber) foi o primeiro que deixou constancia por escrito, arredor do ano 800, de que o tártaro é un sal e illou o ácido tartárico (e outra boa cantidade de compostos orgánicos, pero esa é outra historia), se ben non con demasiada pureza. Houbo que agardar ata 1769 para obter o ácido tartárico quimicamente puro, cousa que logrou Carl Wilhelm Scheele (á vez que outra boa cantidade de compostos orgánicos). O composto empregábase na fabricación de cosméticos e remedios naturais, como o sal de La Rochelle ou o tártaro emético, polo que moitas adegas se converteron, de facto, en fábricas de ácido tartárico.

Seguir lendo

Advertisements