A descuberta das eras glaciais e o efecto invernadoiro (III)

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 8 de xaneiro de 2016 El descubrimiento de las eras glaciales y el efecto invernadero (III), de Pedro J. Hernández, que pode lerse nesta ligazón.]

O artigo anterior dedicámosllo ao debate histórico sobre a pertinencia de empregar o quentamento producido nun invernadoiro como analoxía para o quecemento da atmosfera polos gases de efecto invernadoiro e sobre os erros conceptuais que este debate trasladou aos nosos días, moi a pesar de que o meteorólogo sueco Nils Ekholm xa publicara en 1901 unha explicación superficial do mecanismo correcto.

O experimento que retardaría a ciencia do cambio climático

Hoxe en día considérase coñecemento estándar o feito de que o CO2 absorbe radiación na parte infravermella do espectro electromagnético. Un experimento que amosa perfectamente esta absorción foi realizado para o programa Earth: The Climate Wars en BBC 2, onde puidemos ver o xeólogo escocés e coñecido presentador de televisión Iain Stewart mostrándonos a radiación infravermella dunha candea ao atravesar un tubo de vidro de 30 cm de lonxitude con e sen a presenza do CO2.

Seguir lendo

A descuberta das eras glaciais e o efecto invernadoiro (II)

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 4 de xaneiro de 2016 El descubrimiento de las eras glaciales y el efecto invernadero, de Pedro J. Hernández, que pode lerse nesta ligazón.]

Na primeira entrada desta serie relatabamos a historia da descuberta das eras glaciais e as primeiras propostas dos mecanismos disparadores e amplificadores do cambio climático necesario para o avance e o retroceso do xeo en ambos os hemisferios. Quedabamos no momento no que Svante Arrhenius lle atribuía a Joseph Fourier a explicación daquilo que coñecemos hoxe como efecto invernadoiro. Consonte as palabras de Arrhenius:

Fourier sostiña que a atmosfera actúa coma o vidro dun invernadoiro, porque deixa pasar os raios de luz solar pero retén os raios escuros do chan.

Seguir lendo