Breve historia da cristalografía (VIII): Morfismos químicos

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 2 de xaneiro de 2014 Breve historia de la cristalografía: (VIII) Morfismos químicos, de César Tomé López, que pode lerse nesta ligazón.]

[O artigo previo da serie é Breve historia da cristalografía (VII): Moléculas, superfluidades e contaminacións.]

calcita

A últimos do século xviii Martin Heinrich Klaproth continuou o traballo onde Dolomieu o deixara. Klaproth identificou tres formas cristalográficas diferentes de carbonato cálcico: calcita, aragonita e vaterita. Publicou as diferenzas detalladas entre estes tres minerais en Beiträge zur chemischen Kenntniss der Mineralkörper, obra en cinco volumes publicada entre 1795 e 1810. Haüy mostrouse moi interesado nesta descuberta, pero desconcertábao a aragonita: a diferenza da calcita, non formaba romboedros ao crebar.

Seguir lendo

Advertisements