Aprendendo a ver (I): Introdución

Desde Ciención de Breogán estamos embarcados nun novo pequeno proxecto: subtitular en galego os vídeos da serie Learning to see de Welch Labs. Hai uns poucos días xa subtitulamos o primeiro: unha introdución ao problema da intelixencia artificial partindo dunha proposta que semella moi trivial pero que non o é en absoluto: deseñar un programa informático que saiba contar cantos dedos lle estamos a amosar. Gózao e compárteo coas túas amizades!

Para veres os subtítulos en galego, seica tes de escollelos ti: fai un clic en «Configuración» e escolle a túa lingua.