Aprendendo a ver (IV): Aprendizaxe automática

[O artigo previo da serie é Aprendendo a ver (III): Now I R1.]

No vídeo anterior da serie Aprendendo a ver vimos un dos exemplos máis notables da historia da enxeñaría do coñecemento e dos sistemas expertos: o sistema R1 da compañía informática DEC. O problema deste tipo de enfoque é que o número de regras necesarias tende a crecer dun xeito moi acelerado e, cantas máis regras hai nun sistema, máis complicado é adaptalo a unha nova necesidade. Chega un momento no cal o sistema é xa tan monstruosamente extenso que non pode seguir evolucionando: por este motivo, entre outros, a enxeñaría do coñecemento decaeu desde primeiros da década de 1990, substituída por outro enfoque máis flexible: a aprendizaxe automática. A xente de Welch Labs, dentro da súa serie Learning to see, cóntanos en que consiste!

Coma sempre, para veres os subtítulos en galego, tes de escollelos ti. Preme en «Configuración» e selecciona a túa lingua!

Advertisements

Aprendendo a ver (II): Regras e máis regras

[O artigo previo da serie é Aprendendo a ver (I): Introdución.]

Xa está aquí o segundo capítulo da serie Learning to see, de Welch Labs. No vídeo anterior vimos unha introdución ao problema da intelixencia artificial, centrándonos nun problema moi concreto: deseñar un sistema de ia capaz de contar cantos dedos lle estamos a amosar. O enfoque deste segundo vídeo, por fin subtitulado en galego, é o primeiro que se nos podería ocorrer: crear regras fixas que nos permitan identificar dedos nunha imaxe. Porén, como veremos, o resultado non será o que esperabamos…

Coma sempre, para veres os subtítulos en galego, tes de escollelos ti. Fai un clic en «Configuración» e selecciona a túa lingua!