Teoría de xogos (XVIII): Escándalo de corrupción

[Esta é unha tradución autorizada de Ciención de Breogán, adaptada do artigo orixinal de 10 de xaneiro de 2011 Teoría de juegos XVIII – Escándalo de corrupción, de Javier “J” Sedano, que pode lerse en El Cedazo. Toda a serie Teoría de juegos está publicada en forma de libro, dispoñible aquí.]

[O artigo previo da serie é Teoría de xogos (XVII): A caza do cervo.]

Hoxe empregaremos novas de actualidade para seguir avanzando na nosa serie de Teoría de xogos: un escándalo de corrupción.1 Veremos como se enfrontan a un escándalo de corrupción dous partidos políticos e como escollen a súa mellor acción utilizando a teoría de xogos.

Concello de Hamburgo

Aproveitaremos o xogo para presentar un par de conceptos novos, Maximin e Minimax, e veremos como estivemos empregándoos de xeito implícito ao longo da serie.

A situación é a seguinte: sorprendentemente, a un alcalde electo collérono aceptando subornos dun contratista (non sei se o sorprendente é que os aceptase ou que o collesen; que cada quen escolla). O asunto aínda non se fixo público, pero tanto o partido no poder (o Partido Laranxa ou PL) como a oposición (o Partido Amarelo ou PA) xa o coñecen e poden escoller entre tres opcións:

  • Condenar o asunto enerxicamente.
  • Ficar Calados, nin confirman nin desmenten.
  • Defender a actuación do alcalde.

Ademais, as eleccións están moi cerquiña, así que a posición que tome cada partido ante este asunto pode ser determinante. Nós tomaremos a posición do Partido Laranxa.

Seguir lendo

Advertisements