[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 2 de outubro de 2015 Breve historia del metro (6), de Juan de Juan, que pode lerse nesta ligazón.]
[O artigo previo da serie é Breve historia do metro (V): Nunha Cataluña en guerra.]
Aquilo do que se decatou Méchain é o seguinte: para calcular a posición de Montjuïc, o astrónomo calculara a altura de seis estrelas diferentes. Estas eran Polaris, Thuban, Kochab, Mizar, Elnath e Pólux. Para a súa análise final empregara as catro primeiras, pois eran aquelas das que obtivera máis datos. Tres desas estrelas converxían nos seus resultados dun xeito máis ca razoable:
- Polaris derivaba unha latitude de 41° 21′ 44,91″.
- Thuban, 41° 21′ 45,19″.
- Kochab, 41° 21′ 45,19″.
Consecuentemente, estas medicións atopábanse todas nun ámbito de 0,3 segundos de grao ou, similarmente, un erro duns 30 pés. Para non ter gps, estaba máis que ben.
Porén, a cuarta estrela, Mizar, xa era outra cousa. Seguir lendo