Relatividade sen fórmulas (VI): Aumento da masa

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 28 de maio de 2007 Relatividad sin fórmulas – Aumento de masa, de Pedro Gómez-Esteban González, que pode lerse nesta ligazón.]

Na serie Relatividade sen fórmulas comezamos coa situación da física cando xorde a teoría da relatividade especial, para despois seguirmos cos postulados de Einstein, a dilatación do tempo, a relatividade da simultaneidade e, finalmente, a contracción da lonxitude. Hoxe continuamos a serie con outra consecuencia moi interesante dos postulados de Einstein: o aparente aumento da masa coa velocidade. Se non liches os artigos anteriores, comeza desde o principio ou vas estar bastante perdido.

Ben; en primeiro lugar, unha aclaración: estritamente, o que sucede cando algo se move moi rapidamente é que o seu momento lineal (cantidade de movemento) segue unha fórmula que non é a newtoniana senón a relativista. Porén, esta fórmula é a mesma que resultaría de empregarmos o concepto newtoniano de cantidade de movemento pero variando a masa do obxecto. Algún físico pode desgustarse ao escoitarnos falar do «aumento da masa» pero, como ninguén emprega o concepto de momento lineal na vida real e si o de masa, e o efecto é o mesmo, continuaremos a falar de «masa relativista» e «aumento da masa», aínda que non sexa estritamente correcto falar nestes termos.

Dito isto, se estás preparado e coa mente clara, comecemos a realizar os nosos experimentos mentais con Ana e mais Alberte, os nosos «observadores ficticios», para ver como tiramos conclusións do que ve cada un deles cando se moven moi rapidamente o un con relación ao outro. No experimento de hoxe, tanto Ana como Alberte teñen nas mans unha bóla de birlos cada un (ambas as dúas idénticas).

Seguir lendo

Advertisements