A descuberta das eras glaciais e o efecto invernadoiro (III)

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 8 de xaneiro de 2016 El descubrimiento de las eras glaciales y el efecto invernadero (III), de Pedro J. Hernández, que pode lerse nesta ligazón.]

O artigo anterior dedicámosllo ao debate histórico sobre a pertinencia de empregar o quentamento producido nun invernadoiro como analoxía para o quecemento da atmosfera polos gases de efecto invernadoiro e sobre os erros conceptuais que este debate trasladou aos nosos días, moi a pesar de que o meteorólogo sueco Nils Ekholm xa publicara en 1901 unha explicación superficial do mecanismo correcto.

O experimento que retardaría a ciencia do cambio climático

Hoxe en día considérase coñecemento estándar o feito de que o CO2 absorbe radiación na parte infravermella do espectro electromagnético. Un experimento que amosa perfectamente esta absorción foi realizado para o programa Earth: The Climate Wars en BBC 2, onde puidemos ver o xeólogo escocés e coñecido presentador de televisión Iain Stewart mostrándonos a radiación infravermella dunha candea ao atravesar un tubo de vidro de 30 cm de lonxitude con e sen a presenza do CO2.

Seguir lendo

Récords de calor, quecemento global e regresión á media

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 9 de setembro de 2016 Records de chaleur, réchauffement climatique et régression vers la moyenne, de David Louapre, que pode lerse nesta ligazón.]

canicule

En xullo de 2016 estableceuse un novo récord mundial de temperatura. Segundo a nasa, a temperatura deste mes de xullo superou en 0,84 °C a temperatura media dos meses de xullo do período 1950–1980. Nos medios de comunicación comentouse repetidamente este triste fito e empregouse como ilustración para denunciar a nosa inacción cara ao fenómeno do quecemento global.

Si, pero… non tal. A temperatura do mes de xullo de 2016 dá igual.

Seguir lendo