Que leva a túa mazá?

gustanos-a-quimica
Gústanos a química! [Tradución dunha imaxe de Mauricio-José Schwarz, que a adaptou do orixinal de Klaas Wynne]
Advertisements

O código do bocadillo de xamón serrano

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 1 de novembro de 2012 El código del bocata de jamón serrano, de Mauricio-José Schwarz, que pode lerse nesta ligazón.]

Javier Armentia, astrofísico, divulgador e director do Planetario de Pamplona e autor do blog Por la boca muere el pez, amosou en Twitter esta foto que fixo dun bocadillo de xamón serrano, reclamando a escaseza do xamón (33 %) fronte ao pan (63 %) e un 4 % de misterioso misterio que se obteñen polo prezo do produto, 5 euros.

bocata-de-jamon

A foto foi motivo para comentar tamén cousas como o feito de que a etiqueta anuncia que «pode conter trazas de soia, crustáceos, peixe, cacahuetes, froitos secos, apio, mostaza, sésamo e derivados», o cal, así, sen estiramentos previos, é bastante sorprendente, mesmo inquietante. De aí pasouse rapidamente á cantidade de ingredientes e o nome non moi habitual dalgúns deles, que se torna ameazante se ignoramos que é iso do E-non-sei-cantos, os non-sei-que-atos, os ácidos e o demais. Especialmente se non sabemos de que están elaborados, e como, a baguette e os 100 gramos de xamón que mercamos na tenda da simpática señora da esquina, ou o bocadillo que podemos manducar, sen embalaxe nin etiqueta, nun bar cunha cervexa ben fría.

Estannos a envelenar? Esa ensalada de ingredientes é realmente comestible ou botaron alí cousas que atoparon nun almacén de residuos tóxicos? Crustáceos nun bocadillo de xamón serrano?

Seguir lendo