O mapa das matemáticas, con subtítulos en galego!

Como xa fixeramos co mapa da física, do que publicamos unha tradución da imaxe e do vídeo de Dominic Walliman hai varios meses, en outubro publicabamos a tradución do seu mapa das matemáticas en formato imaxe e hoxe toca o vídeo, que xa está subtitulado en galego! Lembra que, para o veres, só tes de premer en «Configuración» e elixir a túa lingua. Vémonos!

Advertisements

O mapa das matemáticas

O mapa das matemáticas
O mapa das matemáticas. [Tradución dunha imaxe de Dominic Walliman. Dispoñible a tamaño completo no Facebook]