Teoría de xogos (III): A poxa do dólar (II)

[Esta é unha tradución autorizada de Ciención de Breogán, adaptada do artigo orixinal de 6 de setembro de 2010 Teoría de juegos III – La subasta del dólar (y II), de Javier “J” Sedano, que pode lerse en El Cedazo. Toda a serie Teoría de juegos está publicada en forma de libro, dispoñible aquí.]

[O artigo previo da serie é Teoría de xogos (II): A poxa do dólar (I).]

No artigo anterior presentamos as regras dunha poxa un pouco particular e deixamos que os lectores poxasen. A graza desta poxa era esa, que era un pouco especial: non paga soamente quen gana a poxa, senón tamén o segundo e mais o terceiro (pero eles non obteñen o premio).

hammer-719068_1280
[Fonte: dominio público]
[N. do T.: Nos comentarios de Ciención de Breogán houbo tres poxas: unha de Teresa por 0,05 $, outra de Alba Iglesias por 0,10 $ e, finalmente, outra de Teresa por 0,15 $ para evitar perder cartos. Consecuentemente, Teresa ganou a poxa cunha ganancia neta de 0,85 $ e Alba perdeu os 0,10 $ que poxara. Entretido, seica, pero pouco interesante desde o punto de vista matemático… Analicemos agora a participación na versión orixinal do artigo en El Cedazo.]

Seguir lendo

Advertisements

Teoría de xogos (II): A poxa do dólar (I)

[Esta é unha tradución autorizada de Ciención de Breogán, adaptada do artigo orixinal de 30 de agosto de 2010 Teoría de juegos II – La subasta del dólar (I), de Javier “J” Sedano, que pode lerse en El Cedazo. Toda a serie Teoría de juegos está publicada en forma de libro, dispoñible aquí.]

[O artigo previo da serie é Teoría de xogos (I): Introdución.]

Este primeiro artigo da serie sobre teoría de xogos será moi curtiño. Imos dedicar uns parágrafos a explicar as regras dunha poxa un pouco particular e logo deixaremos que sexades vós os que poxedes.

Neste xogo poxaremos… un dólar.

1200px-united_states_one_dollar_bill2c_obverse
Un dólar. [Fonte: Wikipedia, dominio público]
Seguir lendo