O mapa da química, con subtítulos en galego!

Está claro que Dominic Walliman é un clásico de Ciención de Breogán! Ao longo da historia do noso blog xa publicamos o seu mapa da física e tamén o mapa das matemáticas, e hai un mes que traducimos o seu mapa da química en formato imaxe… Hoxe celebramos a centésima entrada deste blog póndolle subtítulos en galego ao vídeo do mapa da química. Para os veres, xa sabes que tes de premer en «Configuración» e escollelos na opción «Subtítulos». Sírvete!

Advertisements

O mapa da química

O mapa da química
O mapa da química. [Tradución dunha imaxe de Dominic Walliman. Dispoñible a tamaño completo no Facebook]

DDT inorgánico, xofre orgánico

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 28 de abril de 2016 DDT inorgànic, sofre orgànic, de Claudi Mans, que pode lerse nesta ligazón.]

Cando Alicia lle lembra a Roncho Rechoncho que unha mesma palabra non pode ter dous significados diferentes, este responde que, cando el emprega unha palabra, significa exactamente o que el decide que signifique en cada momento. Alicia, desconcertada, dubida que se poida facer que as palabras teñan tantos significados distintos. E Roncho Rechoncho contéstalle que «a cuestión é quen manda aquí, e máis nada».

Quen ten a propiedade das palabras? Segundo Roncho Rechoncho, o que manda. Non son os dicionarios nin as academias, que se limitan a dar fe do uso que ten cada palabra nun momento histórico, agás cando fan política e lles engaden ou tiran significados ás palabras de acordo con intereses partidistas.

Nun web de comida ecolóxica, natural e orgánica, lin a afirmación de que o praguicida ddt era rexeitable porque era inorgánico e, pola contra, o tratamento de pragas con xofre era aceptable porque era orgánico. Se repasamos a química, está ben claro que o ddt, de nome sistemático 1,1,1-tricloro-2,2-bis(4-clorofenil)etano, antes denominado dicloro-difenil-tricloroetano, é un praguicida organoclorado, claro exemplo de molécula da química orgánica; contrariamente, o xofre é un claro representante dos non metais inorgánicos.

640px-ddt-from-xtal-3d-balls
Modelo da molécula de ddt. [Dominio público]
Poderiamos dicir que os dese web son uns ignorantes e que non teñen nin idea de química. E se cadra é certo, pero o uso dos termos «inorgánico» e «orgánico» co senso oposto ao que empregamos os químicos non é un simple problema de ignorancia; oxalá fose soamente iso. Este é un exemplo máis dunha terminoloxía que se xerou nun contexto e que escapou e superou o eido estrito no que estaba; que colonizou outros ambientes e chegou a tomar sentidos contrarios aos orixinais.

Seguir lendo

«Atómico»

O vídeo que presentamos hoxe, e que descubrimos grazas a Microsiervos, elaborárono os estudantes da Escola de Arte e Deseño de Columbus (Columbus College of Art & Design). Está composto por breves animacións cunha dura de seis segundos, cada unha dedicada a un elemento diferente da táboa periódica:

Os nomes dos diferentes elementos están en inglés. Seguidamente traducímolos, engadindo unha sucinta explicación de cada animación. Seguir lendo