A agricultura ecolóxica non salvará o planeta

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 18 de xaneiro de 2017 La agricultura ecológica no salvará el planeta, de J. M. Mulet, que pode lerse nesta ligazón.]

Hai un tempo, El País publicou un artigo no cal varios científicos, entre os que me inclúo, cuestionaban o papel da agricultura ecolóxica no respecto do medio. Calquera que consuma ecolóxico decatarase dos elevados prezos. Ese sobreprezo débese á caída da produción e, se tes menos produción no mesmo solo, o impacto ambiental dispárase, por moito que enterrases cornos enchidos de esterco ou soamente empregases fertilizantes naturais. A revista New Scientist tamén publicou recentemente un artigo verbo deste tema e algúns xa levabamos tempo dicíndoo.

Este artigo xa levantou as iradas críticas do mundiño agroecolóxico, que semella que aquilo de «paz e amor» o deixan a unha banda á hora de protexer o mercado, incluída unha queixa que foi atendida pola defensora do lector. Entre os numerosos artigos que tentaron desmentir o artigo de El País chamoume a atención un publicado no blog Planeta futuro da propia web de El País, dentro da sección Alterconsumismo sobre comercio xusto. A resposta está escrita por dous membros da xunta directiva da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (Sociedad Española de Agricultura Ecológica), o que xa fai dubidar da fiabilidade dos seus argumentos. Por que digo tal? Moi sinxelo: se investigamos a composición da xunta directiva atoparemos que o vicepresidente segundo é Carmelo García Romero, que se presenta como:

Doutor en Veterinaria e Académico. Corpo Nacional Veterinario. Real Academia de Ciencias Veterinarias, Experto en Gandaría Ecolóxica. Saúde e Benestar. Medicina Holística Veterinaria. Homeopatía e Fitoterapia. Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE). Asociación para o Desenvolvemento da Gandaría Ecolóxica (ADGE). Asociación de Periodistas Agrarios de España (APAE).

Seguir lendo

Advertisements

Máis químicos para menos químicos

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 21 de marzo de 2014 Més químics per a menys químics, de Claudi Mans, que pode lerse nesta ligazón.]

powerpure-menos-quc3admicos
Finish Power & Pure, con menos químicos.

Hai un deterxente para lavalouzas (Finish) dunha famosa marca multinacional (Reckitt Benckiser) que ten unha considerable cota de mercado e que innova constantemente. Un dos produtos que anuncian consiste nun deterxente en cápsulas, semellante aos que xa tiña, do que afirman que leva menos químicos.

Que é un «químico»? Aos puristas da lingua (coma min) ponnos nerviosos este calco do inglés. En inglés distinguen entre chemicals (produtos químicos) e chemists (técnicos químicos). Aquí esta distinción é irrelevante para moita xente, que vai falando de «químicos» referíndose aos produtos.

Seguir lendo

O código do bocadillo de xamón serrano

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 1 de novembro de 2012 El código del bocata de jamón serrano, de Mauricio-José Schwarz, que pode lerse nesta ligazón.]

Javier Armentia, astrofísico, divulgador e director do Planetario de Pamplona e autor do blog Por la boca muere el pez, amosou en Twitter esta foto que fixo dun bocadillo de xamón serrano, reclamando a escaseza do xamón (33 %) fronte ao pan (63 %) e un 4 % de misterioso misterio que se obteñen polo prezo do produto, 5 euros.

bocata-de-jamon

A foto foi motivo para comentar tamén cousas como o feito de que a etiqueta anuncia que «pode conter trazas de soia, crustáceos, peixe, cacahuetes, froitos secos, apio, mostaza, sésamo e derivados», o cal, así, sen estiramentos previos, é bastante sorprendente, mesmo inquietante. De aí pasouse rapidamente á cantidade de ingredientes e o nome non moi habitual dalgúns deles, que se torna ameazante se ignoramos que é iso do E-non-sei-cantos, os non-sei-que-atos, os ácidos e o demais. Especialmente se non sabemos de que están elaborados, e como, a baguette e os 100 gramos de xamón que mercamos na tenda da simpática señora da esquina, ou o bocadillo que podemos manducar, sen embalaxe nin etiqueta, nun bar cunha cervexa ben fría.

Estannos a envelenar? Esa ensalada de ingredientes é realmente comestible ou botaron alí cousas que atoparon nun almacén de residuos tóxicos? Crustáceos nun bocadillo de xamón serrano?

Seguir lendo