Breve historia da cristalografía (V): Cristais de neve, Frankenheim ou o novo Euclides

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 12 de decembro de 2013 Breve historia de la cristalografía: (V) Copos de nieve, Frankenheim o el nuevo Euclides, de César Tomé López, que pode lerse nesta ligazón.]

[O artigo previo da serie é Breve historia da cristalografía (IV): Átomos e balas de canón.]

Viamos na entrega anterior desta serie que Kepler mantivera unha correspondencia moi interesante con Thomas Harriot e que, no transcurso desta, Harriot lle mencionara a Kepler o problema do empaquetado de esferas. Diciamos tamén que Kepler chegou decontado á conxectura que leva o seu nome.

8629790711_eef26cd72b_z
Fonte: Alexey Kljatov

Como parte deste proceso, Kepler decatouse de que o empaquetado compacto de esferas nunha soa capa daba lugar a estruturas hexagonais que evocan un panal de abellas. Isto levouno a cuestionarse (e a buscar unha resposta satisfactoria) sobre a forma hexagonal dos cristais de neve no seu tratado de 1611 Strena seu de nive sexangula («Un cristal de neve hexagonal»). Isto xa era bastante excepcional, pois daquela non era común o coñecemento sobre a forma dos cristais de neve.

Olaus Magnus Historia om de nordiska folken

Seguir lendo

Advertisements

Breve historia da cristalografía (II): As rochas con lingua e a urina de Hooke

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 21 de novembro de 2013 Breve historia de la cristalografía: (II) Las rocas con lengua y la orina de Hooke, de César Tomé López, que pode lerse nesta ligazón.]

[O artigo previo da serie é Breve historia da cristalografía (I): Protociencia, do «Homo erectus» a Linné.]

640px-cryst_struct_teo2

Os libros modernos de cristalografía adoitan comezar cunha versión simplificada do concepto puramente matemático (de teoría de grupos e xeometría) de retículo: unha malla ou cela unidade que é capaz de ocupar todo o espazo sen deixar ocos nin superporse (esta é a definición de teselado en tres dimensións). Porén, os libros de texto de mediados do século xx e anteriores, que teñen un enfoque máis macroscópico da cristalografía, adoitan reflectir nalgún punto a primeira lei da cristalografía, a saber, «os ángulos entre dúas caras correspondentes dun cristal de calquera especie química son constantes e característicos da especie». Esta lei foi a primeira afirmación científica da cristalografía e, se ben hoxe pode semellarnos un truísmo digno de Pedro Grullo, precisáronse dous milenios de observacións cristalográficas para establecela.

Efectivamente, as observacións do aspecto dos cristais de calquera substancia amosaban que a súa forma non era constante, polo que era esperable que os ángulos entre as súas caras non o fosen tampouco. Xa mediaba o século xvi cando Conrad Gesner escribiu en De rerum fossilium, lapidum et gemmarum (1564) que «un cristal difire doutro nos seus ángulos e, conseguintemente, na súa figura». Precisouse un excepcional observador da natureza para ver alén da aparencia: Niels Steensen.

Seguir lendo