[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 16 de xaneiro de 2014 Breve historia de la cristalografía: (X) magia vikinga, de César Tomé López, que pode lerse nesta ligazón.]
[O artigo previo da serie é Breve historia da cristalografía (IX): Isomería e compostos orgánicos.]
Os viquingos foron, probablemente, os mellores mariños da Idade Media. Os seus barcos non só navegaron polas augas do mar do Norte ou do Atlántico Norte, senón tamén do Mediterráneo e do mar Negro. Os séculos ix e x foron os séculos viquingos por excelencia: chegaron a tomar Sevilla, Santiago de Compostela ou Pamplona, como cidades coñecidas. Pero as súas xestas polas costas do que hoxe é a península Escandinava, o Reino Unido, os Países Baixos, Bélxica, Francia, a península Ibérica, Italia, a península Balcánica, Bulgaria, Romanía, Ucraína ou Rusia non ilustran dabondo a súa capacidade mariñeira.