A descuberta das eras glaciais e o efecto invernadoiro (III)

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 8 de xaneiro de 2016 El descubrimiento de las eras glaciales y el efecto invernadero (III), de Pedro J. Hernández, que pode lerse nesta ligazón.]

O artigo anterior dedicámosllo ao debate histórico sobre a pertinencia de empregar o quentamento producido nun invernadoiro como analoxía para o quecemento da atmosfera polos gases de efecto invernadoiro e sobre os erros conceptuais que este debate trasladou aos nosos días, moi a pesar de que o meteorólogo sueco Nils Ekholm xa publicara en 1901 unha explicación superficial do mecanismo correcto.

O experimento que retardaría a ciencia do cambio climático

Hoxe en día considérase coñecemento estándar o feito de que o CO2 absorbe radiación na parte infravermella do espectro electromagnético. Un experimento que amosa perfectamente esta absorción foi realizado para o programa Earth: The Climate Wars en BBC 2, onde puidemos ver o xeólogo escocés e coñecido presentador de televisión Iain Stewart mostrándonos a radiación infravermella dunha candea ao atravesar un tubo de vidro de 30 cm de lonxitude con e sen a presenza do CO2.

Seguir lendo

A descuberta das eras glaciais e o efecto invernadoiro (I)

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 4 de xaneiro de 2016 El descubrimiento de las eras glaciales y el efecto invernadero, de Pedro J. Hernández, que pode lerse nesta ligazón.]

900px-iceageearth
Representación artística da extensión do xeo no hemisferio norte durante unha era glacial. [Fonte: Wikipedia]
A lectura detallada do tortuoso sendeiro que percorreu a ciencia do cambio climático desde o século xix convenceume, hai uns anos, de que o noso coñecemento actual sobre o cambio climático antropoxénico non é máis ca o resultado do intento (habitual en calquera disciplina científica) de formular mellores hipóteses e de maior alcance. Ignorar a historia adoita ser unha moi mala idea. E a historia do descubrimento do papel do CO2 no clima do noso planeta reúne algunhas das mentes máis brillantes da ciencia dos últimos dous séculos que se embarcaron apaixonadamente na nobre busca da causa das eras glaciais que, de xeito cíclico, dominaran o pasado xeolóxico da Terra.

Non sei se serei quen a contar o esencial dunha amálgama de ideas que abrangue varias disciplinas, pero si que podo asegurarlle ao lector que se trata dunha viaxe que pode proporcionarlle non só unha nova perspectiva sobre a ciencia do cambio climático, senón ferramentas para loitar contra a desinformación á que nos ten acostumados a Rede neste asunto de especial relevancia social.

Seguir lendo