Dentro do «pozo intuitivo»

[Esta é unha tradución adaptada do artigo orixinal de 11 de abril de 2007 Dentro del “pozo intuitivo”, de Pedro Gómez-Esteban González, que pode lerse nesta ligazón.]

No artigo de hoxe tentarei, dun xeito bastante heterodoxo, facer máis comprensible a natureza dos buracos negros. Por que se chaman «buracos»? Por que «negros»? Coma sempre, a miña filosofía será antes simplista ca incomprensible, así que, se es astrofísico, pecha os ollos e non berres: este artigo é para principiantes.

Imaxina que estás de pé na superficie da Terra e saltas verticalmente cara arriba. Segundo subes, vas reducindo a túa velocidade ata que paras, e entón comezas a caer ata que volves ao chan. Se saltas cunha maior velocidade inicial, chegas máis alto, pero á fin volves caer ao chan. Porén, se conseguises saltar cunha velocidade inicial abonda, non volverías caer: escaparías da gravidade terrestre e perderíaste no espazo. Nunca observaches isto porque a velocidade inicial á que terías que saltar é duns 11 km/s (uns 40 000 km/h). Esta velocidade chámase velocidade de escape. Como ti non podes saltar con velocidade tal, non podes escapar da Terra por ti mesmo. Grazas á nosa intelixencia, os seres humanos construímos máquinas que nos permiten escapar da gravidade terrestre, aínda que non o fan exactamente «saltando», pero esa é outra historia. Seguir lendo