Aprendendo a ver (III): Now I R1

[O artigo previo da serie é Aprendendo a ver (II): Regras e máis regras.]

No vídeo anterior aparecía unha pregunta importante no noso problema de recoñecemento automático de dedos: deberiamos escribir máis regras, incorporándollas ao noso programa, ou iríanos mellor probar outro enfoque? Resulta que este problema xa o atoparon os científicos que investigaban a intelixencia artificial na década de 1980 co primeiro sistema experto de importancia. A xente de Welch Labs, na súa serie Learning to see, explícanos a historia que pode axudarnos a avanzar no noso desafío.

Coma sempre, para veres os subtítulos en galego, tes de escollelos ti. Fai un clic en «Configuración» e selecciona a túa lingua!

Aprendendo a ver (II): Regras e máis regras

[O artigo previo da serie é Aprendendo a ver (I): Introdución.]

Xa está aquí o segundo capítulo da serie Learning to see, de Welch Labs. No vídeo anterior vimos unha introdución ao problema da intelixencia artificial, centrándonos nun problema moi concreto: deseñar un sistema de ia capaz de contar cantos dedos lle estamos a amosar. O enfoque deste segundo vídeo, por fin subtitulado en galego, é o primeiro que se nos podería ocorrer: crear regras fixas que nos permitan identificar dedos nunha imaxe. Porén, como veremos, o resultado non será o que esperabamos…

Coma sempre, para veres os subtítulos en galego, tes de escollelos ti. Fai un clic en «Configuración» e selecciona a túa lingua!

Aprendendo a ver (I): Introdución

Desde Ciención de Breogán estamos embarcados nun novo pequeno proxecto: subtitular en galego os vídeos da serie Learning to see de Welch Labs. Hai uns poucos días xa subtitulamos o primeiro: unha introdución ao problema da intelixencia artificial partindo dunha proposta que semella moi trivial pero que non o é en absoluto: deseñar un programa informático que saiba contar cantos dedos lle estamos a amosar. Gózao e compárteo coas túas amizades!

Para veres os subtítulos en galego, seica tes de escollelos ti: fai un clic en «Configuración» e escolle a túa lingua.