Teoría de xogos (VI): Contar (II)

[Esta é unha tradución autorizada de Ciención de Breogán, adaptada do artigo orixinal de 27 de setembro de 2010 Teoría de juegos VI – Contar (y II), de Javier “J” Sedano, que pode lerse en El Cedazo. Toda a serie Teoría de juegos está publicada en forma de libro, dispoñible aquí.]

[O artigo previo da serie é Teoría de xogos (V): Contar (I).]

paper-people-1316581

No anterior artigo desta serie propuxemos un xogo: contar ata un determinado número entre todos.

No artigo orixinal de El Cedazo, custoulles 120 comentarios chegar ata o número 20 (unha eficiencia do 17 %) e tiveron de tentalo doce veces. Alguén incluso seguiu contando despois de chegar a 20! Que afección!

Semella que a meirande parte dos reinicios se deberon a que alguén lía o artigo, lía os comentarios e dicía o seu número, sen decatarse de que, nos 15 minutos que tardou en ler o artigo probablemente alguén xa dixera algún número máis. Houbo alguén que dixo dous números, sen decatarse de que iso estaba prohibido polas regras, se ben o resto detectouno e volveu comezar.

Existe unha estratexia ganadora para xogar a este xogo?

Seguir lendo

Advertisements