Teoría de xogos (XIII): Xogo do ditador

[Esta é unha tradución autorizada de Ciención de Breogán, adaptada do artigo orixinal de 22 de novembro de 2010 Teoría de juegos XIII – Juego del dictador, de Javier “J” Sedano, que pode lerse en El Cedazo. Toda a serie Teoría de juegos está publicada en forma de libro, dispoñible aquí.]

[O artigo previo da serie é Teoría de xogos (XII): Xogo do ultimato.]

dominate-2340207_1280

No artigo anterior da serie planteábase un novo xogo: o xogo do ditador. Repasemos as regras: tiñamos 100 € e debiamos decidir con cantos cartos quedabamos e cantos lle dabamos a Alberte.

No artigo orixinal en El Cedazo houbo 38 participantes e o histograma das decisións que tomaron é o seguinte (mídese a cantidade coa que queda cada xogador):

Fai falla que vos diga cal é o resultado teórico óptimo? Polo si ou polo non: Ana queda con 100 €, que é o seu beneficio máximo, e a Alberte que lle dean.

Cualitativamente, era obvio que habería un pico no 100… O que seica non esperaban moitos é que houbese un pico tan pronunciado no 50 e moitos valores dispersos entre 50 e 100. Mesmo algún por baixo de 50!

Por que hai tanta discrepancia, neste e noutros xogos, entre o resultado teórico e o resultado empírico? Iso é o que veremos neste artigo. Imos formalizar outros poucos conceptos que, aínda que xa os empregamos ao longo da serie, foi de xeito implícito ou informal. Seguir lendo

Advertisements