Teoría de xogos (VIII): Dous terzos da media (I)

[Esta é unha tradución autorizada de Ciención de Breogán, adaptada do artigo orixinal de 18 de outubro de 2010 Teoría de juegos VIII – Dos tercios de la media (I), de Javier “J” Sedano, que pode lerse en El Cedazo. Toda a serie Teoría de juegos está publicada en forma de libro, dispoñible aquí.]

[O artigo previo da serie é Teoría de xogos (VII): O xogo do cempés.]

calculadora

Nesta serie xa vimos uns cantos xogos máis ou menos teóricos, ás veces buscando (e atopando) paralelismos en situacións reais e outras veces non… pero sempre aprendendo algo. Hoxe imos volver xogar todos, a ver o que nos sae. Imos xogar a ser adiviños.

Para isto, todos os que queiran xogar deben elixir secretamente un número entre 1 e 100; despois tomamos todos os números, calculamos a media, multiplicámola por 23 e arredondamos o resultado ao enteiro máis próximo. O xogador que dixer o número máis achegado a este resultado ganará unha palmadiña no lombo (en caso de empate, repartiremos a palmadiña entre todos). Se queres xogar ti, envía a túa aposta (xustificada ou non) ao noso correo electrónico: cienciondebreogan@gmail.com. Tes tempo deica o sábado 2 de decembro!

Seguir lendo

Advertisements