O mapa das matemáticas, con subtítulos en galego!

Como xa fixeramos co mapa da física, do que publicamos unha tradución da imaxe e do vídeo de Dominic Walliman hai varios meses, en outubro publicabamos a tradución do seu mapa das matemáticas en formato imaxe e hoxe toca o vídeo, que xa está subtitulado en galego! Lembra que, para o veres, só tes de premer en «Configuración» e elixir a túa lingua. Vémonos!

2 thoughts on “O mapa das matemáticas, con subtítulos en galego!

  1. Cibrán 22 de Setembro de 2017 / 5:28 pm

    Xenial!
    Un novo paso na normalización e dando unha perspectiva xeral do que son as matemáticas.

    Gústame

    • Saúl Iglesias 26 de Setembro de 2017 / 7:10 pm

      Moitas grazas polo teu comentario, Cibrán! O certo é que ver ese mapa das matemáticas en galego produce unha satisfacción especial, non é? 😀

      Gústame

Deixar un comentario