Breve historia do metro

A serie da Breve historia do metro non provén dun blog de ciencia, senón dun blog de historia. Secasí, non é unha materia allea a este sitio, pois esta serie en concreto fala dun dos avances máis salientables da historia recente da ciencia: a creación do metro e, con el, do sistema métrico, antecesor do noso actual Sistema Internacional de unidades. É unha historia apaixonante coas doses xustas de divulgación científica, suspense narrativo e rigor histórico, e o verbo coloquial e desenfadado de Juan de Juan fai que, ao rematar cada capítulo, esteamos desexando comezar co seguinte. Boa viaxe!

1024px-paris_1er_-_place_vendc3b4me_-_mc3a8tre_c3a9talon
[Fonte: Ordifana75, CC BY-SA 3.0]
Os artigos dos que está composta esta serie son:

  1. O principio de todo.
  2. As primeiras tribulacións de Méchain.
  3. A impaciencia dos franceses.
  4. O despedimento de Delambre.
  5. Nunha Cataluña en guerra.
  6. O erro de Méchain.
  7. O proxecto descarrila (ou case).
  8. Delambre reinicia a misión.
  9. As confesións de Méchain.
  10. Méchain acepta tornar a París.
  11. O metro fíxase por fin.
  12. O pasamento de Méchain.
  13. A herdanza da expedición.
  14. Epílogo.
  15. O sistema métrico en España.